central

< lat centrāle
Pliral: centrais
  1. adx
    1. Relativo ou pertencente ao centro.
    2. Que está situado no centro ou preto del.
  2. adx Que é o máis importante.
  3. adx Aplícase ao lugar onde se centralizan a dirección ou os servizos dunha organización ou empresa. Tm s f.
  4. ENX
    1. s f Lugar onde se agrupan os instrumentos e mecanismos de determinados servizos, en particular, a planta industrial dunha empresa que constitúe a orixe e o centro de produción máis importante.
    2. central eléctrica Conxunto de instalacións que producen enerxía eléctrica a partir doutra forma de enerxía.
    3. central eólica Central eléctrica que aproveita a enerxía do vento e que ten como elemento fundamental un aeroxerador que precisa de sistemas de acumulación.
    4. central fotovoltaica Central que utiliza paneis de células fotovoltaicas, convenientemente conectadas para producir enerxía eléctrica.
    5. central heliotérmica Central solar que aproveita a enerxía do Sol para quentar un fluído que se emprega para a produción de electricidade mediante un turboxerador.
    6. central hidráulica /
    7. central mareomotriz Central eléctrica que aproveita o desnivel producido polas mareas. 8
  5. adx, s PROTISTA centrofíceo.
  6. adx Que se articula coa lingua situada no centro da cavidade bucal, por oposición á anterior e posterior.
  7. s Xogador que ocupa o eixe da liña defensiva ou o centro da primeira liña de ataque nalgúns deportes de equipo.
  8. lugar central XEOG Teoría que formula unha estrutura xerárquica dos centros segundo as súas funcións, as áreas comerciais e as redes de transporte.

Antónimos

Citas

  • A cidade vella é núcleo cent
  • Chegará antes se o envías desde a central de correos
  • Foi unha medida adoptada polo goberno central
  • Na sucursal enviaron a reclamación á central
  • Ó chegar puxo o bolso no asento central da sala
  • Ó final da conferencia deixou o tema central para atender as preguntas dos participantes
  • ral da vila actual