censo

< lat censu, de censēre, ‘estimar’, ‘avaliar’
Pliral: censos
    1. s m Cómputo estatístico dunha poboación ou de calquera ben moble ou inmoble, realizado sobre unha base territorial determinada e nun momento concreto con fins demográficos, fiscais, electorais ou como instrumento de planificación política.
    2. censo de poboación Reconto oficial e periódico da poboación dun territorio determinado que ten como obxectivo coñecer o tamaño, a distribución e as características da poboación nun momento concreto.
    3. censo de vivendas Conxunto de operacións que tenden a compilar e publicar os datos relativos a todos os recintos dun determinado territorio destinados á habitación humana, xa se conciban como tales ou non.
    4. censo electoral POLÍT Documento público en que constan os electores con dereito a sufraxio.
  1. DER
    1. s m Imposición ou prestación periódica, en cartos ou en especie, que afecta tanto á orde tributaria ou fiscal como á contractual.
    2. s m Contrato agrario de carácter perpetuo ou temporal polo que se concedía o dominio dunha propiedade ou da explotación dun ben inmoble a cambio dunha renda en diñeiro ou en especie.
  2. censo de mostraxe MAT Enumeración dunha subpoboación.

Sinónimos

Confrontaciones