< lat v *carrarĭa ‘vía para carros’ lat carru ‘carro’
Pliral:carreiras
sfAcción de correr ou moverse rapidamente para trasladarse dun lugar a outro ou para realizar calquera cousa.
DEP
sfCompetición que consiste en percorrer unha determinada distancia, ben a pé ou ben sobre calquera tipo de vehículo ou animal.
carreira contra reloxoProba deportiva que consiste en percorrer un traxecto no menor tempo posible e na que os competidores non toman a saída simultaneamente.
carreira de crossCompetición deportiva atlética, ciclista ou hípica, que consiste en percorrer un circuíto marcado en campo aberto.
carreira de obstáculosCarreira atlética ou hípica na que os atletas ou os cabalos deben completar o percorrido saltando unha serie de obstáculos dispostos ao longo del.
sfía estreita destinada ao tránsito de persoas e vehículos, especialmente os carros.
sf
Conxunto de estudos científicos, técnicos ou humanísticos de carácter superior, que posibilitan a obtención dun título e capacitan para desenvolver unha determinada actividade profesional.
Traxectoria profesional dunha persoa ao longo da vida.
sf
Traxectoria seguida por un corpo, especialmente un astro.
Percorrido que realiza un vehículo, especialmente un taxi.
AERONPercorrido que fai un avión rodando por terra antes de elevarse ou despois de tocar terra.
sfFilas de herba que deixa o segador detrás de si ao cortala coa gadaña.
sfTECNOLCamiño que percorre algunha peza dun mecanismo durante o seu funcionamento.
sfTÉXT
Defecto lonxitudinal dos tecidos ou dos xéneros de punto, producido pola falta de fíos ou pola existencia de fíos mal pasados.
Liña de puntos que se soltan nunha media e que poden producir que esta se desfaga.
sfARQUITTrabe horizontal que vai ao longo do tellado e que serve para reforzar as súas vertentes.