carillón

< fr carillon
Pliral: carillóns
  1. s m MÚS Instrumento idiófono de percusión directa constituído por un xogo de campás afinadas e dispostas para producir unha melodía ou un conxunto harmónico.
  2. s m MÚS Peza instrumental inspirada na música do carillón.
  3. s m MÚS Rexistro de órgano que consiste nunha serie de timbres que producen un son semellante ao das campás ao seren golpeados por uns martelos conectados coa metade dereita dun teclado.
  4. s m Reloxo provisto dun conxunto de campás que producen unha melodía.

Palabras vecinas