smCalidade da persoa que na súa traxectoria vital ou na súa conduta se mantén firme nuns principios, que presenta decisión e enerxía.
smTrazo distintivo, calidade propia que distingue a unha persoa ou unha cousa doutras.
smPSICConxunto dos trazos individuais adquiridos baixo a influencia de presións ambientais e educacionais, que se expresan por medio de formas peculiares de conduta.
smConxunto de calidades dominantes na fisonomía moral dunha persoa.
XEN
smTrazo distintivo dun organismo que o diferencia doutro.
carácter adquiridoCarácter morfolóxico ou fisiolóxico que aparece nun organismo ao longo da súa vida por interacción co contorno.
carácter cualitativoCarácter que fai referencia a calidades que non se poden medir.
carácter cuantitativoCarácter que fai referencia ás calidades medibles.
carácter hereditarioCarácter que se transmite pola herdanza.
carácter mendelianoCarácter hereditario que se transmite seguindo as leis de Mendel.
smSinal ou marca que se imprime, pinta ou esculpe nalgunha cousa.
INFORM
smCada un dos signos dun repertorio aceptado por convención e facilmente recoñecibles que conteñen información, tanto se van en grupo, polo xeral en secuencia, como illados. Pode ir representado por medio dun xogo ordenado de impulsos ou de cifras binarias (bits) e de forma gráfica.
carácter sacramentalRELIXEfecto que producen os sacramentos do Bautismo, a Confirmación e a Orde, definido polo Concilio de Trento como un sinal espiritual e indeleble que queda imprimido na alma.
carácter sexualFISIOLCada unha das características anatómicas ou funcionais que definen o sexo.