ANIMALMolusco gasterópodo terrestre e pulmonado que presenta unha cuncha protectora e univalva en espiral e a cabeza diferenciada, con dous pares de tentáculos. Posúen unha dieta fundamentalmente herbívora e son hermafroditas.
Cuncha dun caracol.
smANATConduto do oído interno situado na espesura do óso temporal e enroscado en forma de espiral.
smTECNOLPeza cónica da maquinaria dun reloxo.
smCada unha das voltas que o xinete lle fai dar ao cabalo.
caracol de PascalMATCurva plana, pechada e simétrica respecto ao eixe X que ten como ecuación, en coordenadas polares, r= 2a cos ϑ +K.