capcioso -sa

< lat captiōsu lat captāre ‘coller’
Pliral: capciosos Masculino: capcioso Masculino plural: capciosos Femenino: capciosa Femenino plural: capciosas
  1. adx Aplícase aos argumentos, razoamentos ou preguntas falsos pero con aparencia de verdade, que pretenden enganar o interlocutor ou suscitar nel algún comentario que o comprometa. Ex: As preguntas capciosas do fiscal conseguiron que o acusado se confesase culpable do delicto, malia ser inocente.

Citas

  • As preguntas capciosas do fiscal conseguiron que o acusado se confesase culpable do delicto, malia ser inocente.

Palabras vecinas