capaz

< lat capāce ‘capaz’
Pliral: capaces
  1. adx Que pode facer ou provocar algo.
  2. adx
    1. Que ten capacidades, atributos ou preparación suficiente e adecuada para levar a cabo unha actividade.
    2. Aplícase á persoa que ten grandes aptitudes.

Antónimos

Citas

  • A súa nai era unha comadrona moi capaz
  • É capaz de chegar ao asasinato con tal de que non poida haber un testemuño en contra dela
  • O neno xa é capaz de andar, A noticia foi capaz de crear unha gran conmoción entre os adeptos á súa música, O estadio é capaz de acoller máis de cen mil espectadores
  • Para o traballo precisamos un home capaz