caducidade

< caduco
Pliral: caducidades
  1. s f Calidade de caduco.
  2. s f DER
    1. Extinción dun dereito ou acción por non ser executado dentro do prazo fixado pola lei ou pactado entre as partes.
    2. Extinción dun permiso, documento de autorización ou semellante, que a administración outorgou temporalmente.
  3. data de caducidade MED/ALIM Data a partir da que se perde a garantía de que un produto alimentario ou farmacolóxico conserve as calidades aptas para o consumo.

Citas

  • Antes de comer ese iogur fíxate na data de caducidade
  • Este permiso de traballo ten unha caducidade de seis meses

Refranes

  • Caen as flores e caerán as árbores:
  • Non hai cousa que non se acabe máis cedo ou máis tarde.
  • Tan axiña se vai o año como axiña se vai o ano.