borra

< lat bŭrra
  1. f
    1. Sedimento que se forma no fondo de recipientes que conteñen líquidos.
    2. Residuos que deixa a fermentación da uva ou a decantación do viño.
  2. f
    1. Substancia negra que se adhire a algo como consecuencia da súa exposición ao fume.
    2. Restos de ferro e carbón que quedan no lugar da forxa.
  3. f Líquido negro segregado por algúns cefalópodos para defenderse.
  4. f Parte menos fina da seda.
  5. f Gotas de cera solidificadas.

Citas

  • Axúdame a mudar o bebé para quitarlle a borra
  • Gústanme moito as luras feitas coa súa propia borra
  • Houbo un incendio e as paredes quedaron cheas de borra
  • Non movas moito a botella do viño porque ten borra/borras no fondo