borro

  1. m Pouso dun líquido que queda no fondo dun recipiente.
  2. m Substancia de cor negra que se desprende do fume e se adhire ás paredes ou obxectos.
  3. m Substancia escura que segregan algúns cefalópodos para defenderse.
  4. m FUNGO Fungo da orde dos ustilaxinais, parasito das poáceas, cuxas hifas poden invadir toda a planta e producir esporas que semellan un po negro nas súas flores.

Sinónimos

Citas

  • A causa do incendio as paredes enchéronse de borro
  • Na miña casa cómense moito os chocos co borro
  • Sen darme conta tamén lle botei no vaso o borro que había na botella