bonito

< lat v boniton
  1. m ANIMAL/ICT Peixe, da familia dos escómbridos, de corpo fusiforme, co dorso de cor azul escura con bandas oblicuas, e coa parte ventral branca. Presenta a liña lateral ondulada, o pedúnculo caudal estreito e de 7 a 10 aletiñas entre a segunda aleta dorsal e a caudal, e tamén entre esta e a aleta anal. Viven preferentemente nas costas tropicais e temperadas do Atlántico e no Mediterráneo.
  2. bonito do norte ANIMAL/ICT atún branco.