boicot
boicot
antropónimo Boycott
-
m
[DER/SOCIOL ]
Prohibición de relacións cunha determinada persoa ou entidade co propósito de coaccionar ou castigar.
-
boicot económico
[DER/SOCIOL ]
Conxunto de medidas de presión económica previstas na Carta das Nacións Unidas e que consiste na interrupción total ou parcial das relacións económicas e das comunicacións cun determinado país.
Confrontacións
bloqueoCitas
- O boicot contra a multinacional fixo que desistise nos seus propósitos
- Serbia sufriu un boicot económico por mor da guerra en Kosovo