boga

boga

lat boca

  1. f [ANIMAL/ICT ]

    Peixe mariño, da familia dos espáridos, de corpo fusiforme, moi comprimido e cunha sección anterior subcircular, de cor verdosa no lombo e prateada no ventre, que presenta catro liñas douradas dispostas lonxitudinalmente nos laterais e cunha mancha negra na base da aleta pectoral.

  2. boga de río [ANIMAL/ICT ]

    Peixe de auga doce, da familia dos cipriniformes, de corpo fusiforme e boca ínfera co labio inferior córneo.

Sinónimos

Palabras veciñas

bóer boeta bofe boga boga bogada boghead*