bipolar

bipolar

bi- + polo

Plural: bipolares
  1. adx

    Que posúe dous polos ou que se determina tendo en conta dous puntos fixos.

  2. adx
    1. Aplícase ao conmutador ou interruptor que actúa sobre dous polos ou dúas fases de corrente.

    2. Aplícase ás máquinas dinamoeléctricas que dispoñen de dous polos no seu circuíto magnético.

  3. coordenadas bipolares [MAT ]

    Coordenadas dun punto nun plano, definidas ao dar as súas distancias a dous puntos fixos chamados polos.

Citas

  • Dínamo bipolar