bigornia

bigornia

lat bicornĭa ‘que ten dous cornos’

  1. f

    Zafra pequena de aceiro ou ferro que facilita traballos como bater e moldear os metais ou as solas dos zapatos.

  2. f [ANAT ]

    Pequeno óso do oído medio que se denomina así por ter forma de bigornia.

Confrontacións

engra, incre

Citas

  • O zapateiro da túa aldea regalou a bigornia porque se retirou do oficio

Frases feitas

  • Estar entre a bigornia e o martelo. Estar entre dous perigos.