bibliografía

bibliografía

biblio- + gr γρα ϕ ία ‘escritura’

  1. f

    Ciencia auxiliar que mediante a busca, a identificación, a descrición e a clasificación de todos os documentos publicados ou reproducidos por procedementos mecánicos, fotomecánicos ou electrónicos, facilita o coñecemento dunha materia.

  2. f

    Relación sistemática, ordenada e a miúdo crítica ou razoada, de obras relativas a unha ou diversas materias.

Citas

  • Aínda estou axuntando toda a bibliografía de María Barbeito Cerviño para posteriormente comezar a miña investigación
  • É habitual que as teses de doutouramento leven unha extensa bibliografía ao final
  • Vin o seu novo libro na bibliografía do domingo no xornal