beta

beta
Nome científico: gr: β Plural: betas
  1. s m

    Nome da segunda letra do alfabeto grego.

  2. s m [ASTRON ]

    Símbolo para designar a segunda estrela máis brillante dunha constelación.

  3. s m [QUÍM ]

    Símbolo empregado como prefixo, co que se designan certas posicións ou configuracións das moléculas ou certos isómeros, na nomenclatura orgánica non sistemática.

  4. actividade β [FISIOL ]

    Actividade rítmica cerebral rexistrada no electroencefalograma normal constituída por ondas recollidas nas rexións frotocentrais do cranio.

  5. función β [MAT ]

    Función definida pola ecuación


    que converxe para valores de r e s positivos. OBS: Tamén se denomina primeira integral de Euler.

  6. partícula β/raios β [FÍS ]

    Unha das partículas emitidas na desintegración de determinados núcleos radioactivos.