beixamán

beixamán

beixar + man

  1. m

    Modo de saudar ás persoas que consiste en tocar ou achegar a man dereita ou ambas as dúas mans á boca unha ou máis veces.

  2. m

    Cerimonia oficial en que os reis, os seus representantes ou unha alta personalidade reciben o saúdo de certas persoas con motivo dunha festa ou conmemoración especial.

  3. m [RELIX ]

    Acto que consiste en bicar a palma da man a un sacerdote despois de celebrar a súa primeira misa.

Palabras veciñas

beirutí béisbol beixador -ra beixamán beixar beixe beixo