bautizo

bautizo

bautizar

  1. m [RELIX ]

    Acción de administrar o sacramento do bautismo.

  2. m

    Festa que se fai cando se bautiza a alguén.

  3. m

    Acción de botarlle auga a outra bebida.

  4. m

    Cerimonia para dar nome a un barco, un avión ou outro obxecto.

  5. bautizo de aire

    Primeiro voo en avión.

Sinónimos

Confrontacións

bautismo

Citas

  • Bautizou o viño para quitarlle forza
  • Co gallo do bautizo da nova casa conseguimos reunir toda a familia
  • Estou convidado a dous bautizos no mesmo día e aínda non me decicidín por ningún
  • Non chorou nada durante o bautizo
  • Todo o mundo lle chama Miki, pero o seu nome de bautizo é Xosé Miguel