báscula

báscula

fr bascule

  1. f [TECNOL ]

    Sistema móbil que consiste nunha panca con brazos que oscilan alternativamente dun lado a outro en relación a un punto fixo de soporte.

  2. f [TECNOL ]

    Tipo de balanza adaptada xeralmente para determinar pesos elevados.

  3. f [TECNOL ]

    Dispositivo electrónico que ten dous estados de equilibrio e que é capaz de bascular dun lado a outro, alternativamente.

  4. báscula electrónica [TECNOL ]

    Dispositivo para determinar a forza producida pola carga sobre o elemento receptor cando a forza actúa sobre unha ou máis células extensométricas.

  5. f [TECNOL ]

    Máquina que se utiliza para levantar a ponte levadiza.

Confrontacións

balanza