barracuda

barracuda
f [ANIMAL ]

Peixe do xénero Sphyraena, da familia dos esfirénidos, de corpo alongado e delgado, de grandes dimensións e de cor grisalla. Vive en pequenos grupos, preto das costas, nos mares tropicais e temperados.