balsa

balsa

lat baltea

  1. f

    Plataforma feita de táboas e pólas atadas con cordas que se utiliza para transportar mercancías ou persoas, xeralmente nos ríos e lagos.

  2. f [PLANTA ]

    Árbore, da familia das bombacáceas, duns 20 m de altura, de follas palmeadas e flores brancas e pilosas, que vive nas selvas chuviosas de América.

  3. f [BOT/IND ]

    Madeira da árbore do mesmo nome, branca, moi lixeira e notablemente resistente.

Confrontacións

catamarán, xangada

Citas

  • Coa ponte nova xa non podemos navegar coa balsa por causa de que non pasa por debaixo