bágoa
bágoa
prerrománico *bakula
f
Gota de líquido incoloro que segregan as glándulas lacrimais.
Ex: Cando cheguei tiña a cara chea de bágoas, debeu estar chorando
Sinónimos
Citas
- Cando cheguei tiña a cara chea de bágoas, debeu estar chorando
Refráns
- A auga que cae dos ollos desafoga o corazón.
- Bágoas amolecen penas.
- Con bágoas todo se acaba.
- Nada se enxuga tan axiña coma as bágoas.
- O que non vai en bágoas vai en suspiros.