aventura

aventura

fr aventure

Plural: aventuras
  1. s f

    Feito extraordinario que lle acontece inesperadamente a alguén.

  2. s f

    Actividade de dubidoso ou arriscado éxito.

  3. s f

    Relación amorosa de curta duración que normalmente non implica compromiso.

Confrontacións

andanza

Citas

  • Embarcouse nunha aventura perigosa cando se aliou con aquela cuadrilla da mafia
  • Onte fomos de excursión e pasamos un día cheo de aventuras
  • Tivo unha aventura cun home maduro o inverno pasado