astronomía

astronomía

astro- + gr ὅ νομα ‘nome’ + -ia

Plural: astronomías
  1. s f [ASTRON ]

    Ciencia que estuda a posición, os movementos, a natureza, a estrutura e a evolución, individual ou colectiva, de todos os corpos celestes.

  2. astronomía de posición [ASTRON ]

    Denominación que designa a parte da astrometría que se ocupa da determinación da posición dos astros e do observador.

  3. astronomía descritiva [ASTRON ]

    Rama da astronomía que se limita a describir os corpos celestes e a explicar superficialmente os fenómenos astronómicos.

  4. astronomía esférica [ASTRON ]

    Parte da astrometría que se ocupa do cálculo da posición dos astros e do observador.

  5. astronomía náutica [ASTRON ]

    Parte da astrometría que se ocupa dos problemas da navegación astronómica.

  6. astronomía teórica [ASTRON ]

    Estudo e descrición do movemento dos corpos celestes a partir da mecánica celeste.