zoque

zoque
Plural: zoques
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo zoque ou á súa lingua.

  2. s [ETN ]

    Individuo do pobo zoque.

  3. s m pl [ETN ]

    Pobo amerindio que habita no S de México, desde Chimalapa (Oaxaca) ata Tuxtla Gutiérrez (Chiapas) e Villahermosa (Tabasco).

  4. s m [LING ]

    Lingua maia-zoque que falan os zoques.