zírida

zírida

antropónimo Banū Zīrī

Plural: zíridas
  1. adx

    Relativo ou pertencente á tribo zírida.

  2. s [ETN/HIST ]

    Membro da tribo zírida.

  3. s m pl [ETN/HIST ]

    Tribo bérber dos Banū Zīrī, que despois de pasar o estreito de Xibraltar (s X) e de loitar no exército de Almanzor, gobernaron a Taifa de Granada como dinastía, desde a caída do Califato de Córdoba (1009) ata a conquista almorábide (1090).