zignematal

zignematal

lat científico Zygnema, xénero de algas

Plural: zignematais
  1. adx

    Relativo ou pertencente ás zignematais.

  2. s f [PROTISTA ]

    Alga da orde das zignematais.

  3. s f pl [PROTISTA ]

    Orde de algas filamentosas e viscosas, que presenta células uninucleadas e cloroplastos en forma de cinta helicoidal, de placa ou de masas estreladas.