zapateiro -ra

zapateiro -ra
Plural: zapateiros Masculino: zapateiro Masculino plural: zapateiros Feminino: zapateira Feminino plural: zapateiras
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos zapatos.

  2. s

    Persoa que fai, vende ou arranxa zapatos.

  3. s m

    Moble feito especialmente para gardar zapatos.

  4. s m [ANIMAL/ENTOM ]

    Insecto, que pertence aos xéneros Gerris, Velia ou Hydrometra, da orde dos heterópteros, de cor negra e patas moi longas, que se desliza sobre a superficie da auga.

Refráns

  • O zapato do amigo, moito pez e ben cosido.
  • O zapato do amigo, pouco pez e mal cosido.
  • Zapato de amigo, a sola queimada e o fío podrido.