zapata

zapata

zapato

Plural: zapatas
  1. s f [MAR ]

    Peza de madeira, fixada á roda de proa dunha embarcación, que serve de reforzo.

  2. s f

    Peza de madeira do freo do carro que está colocada na parte curva sobre a camba da roda co fin de freala impedíndolle a viraxe.

  3. s f [AUTOM/TECNOL ]

    Peza que ao ser aplicada con forza sobre un móbil, reduce a súa velocidade ata frealo.

  4. s f [CONSTR ]

    Bloque que transmite ao terreo a carga que recibe mediante o ensanche da superficie respecto do elemento construtivo sostido.

  5. s f [CONSTR ]

    Pedra interior da soleira da porta.

  6. s f [CONSTR ]

    Peza horizontal posta enriba dun pau dereito ou dunha columna que soporta unha trabe ou outro elemento horizontal.

  7. s f [ANIMAL/ICT ]

    Peixe cartilaxinoso, da familia dos esciliorrínidos, que ten o corpo alongado, fociño comprimido e estreito, fendas branquiais moi pequenas e aletas pélvicas pequenas e angulares.