xogo

xogo

lat iocu

Plural: xogos
  1. s m

    Acción de xogar.

  2. s m

    Actividade que se realiza para entreterse e na que, xeralmente, existen unhas regras. Tm fig.

  3. s m

    Aquilo que serve para xogar segundo unhas regras determinadas.

  4. s m

    Entretemento en que se arriscan cartos.

  5. s m

    Conxunto de cartas que un xogador ten na man.

  6. s m

    Conxunto de cousas que comparten características básicas e que se utilizan para un mesmo fin.

  7. s m

    Combinado de determinadas cousas que forman un conxunto.

  8. s m

    Xeito de xogar. Tm fig.

  9. s m [ANAT ]

    articulación.

  10. s m [DEP ]

    Celebración deportiva en que hai competicións de diferentes deportes.

  11. xogo de palabras

    Frase que ten diferentes sentidos e coa que se pretende enganar ou facer rir.

  12. xogos florais [LIT ]

    Festas e xogos que celebraban os romanos en honor de Flora, deusa da vexetación e da primavera. No s XIX reapareceron en Provenza, limitadas a certames literarios en lingua provenzal, e estendéronse a outros lugares como Catalunya e Galicia.

Frases feitas

  • Entrar en xogo (algo). Ser algo un factor a ter en conta para algunha cousa.

  • Xogo de azar. Xogo no que se adoita apostar cartos e no que ga

  • Xogo de mans. Truco que se fai coas mans.

Refráns

  • As barallas, escusalas; mais, collidas, xogalas.
  • Carta xogada non debe ser levantada.
  • De mal pau, mala estomela.
  • Dicir mal das cartas é xogar a dúas barallas.
  • O as de ouros, non o xogan bobos.
  • O costume de xogar trae o vicio de pedichar.
  • O diñeiro do xogo vaise logo.
  • O mellor das cartas é non xogalas.
  • O mellor lance dos dados é non xogalos.