xeorxiano -na

xeorxiano -na
Plural: xeorxianos Masculino: xeorxiano Masculino plural: xeorxianos Feminino: xeorxiana Feminino plural: xeorxianas
    1. adx

      Relativo ou pertencente a Georgia (EE UU) ou aos seus habitantes.

    2. s

      Natural ou habitante de Georgia (EE UU).

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Xeorxia, aos seus habitantes ou á sua lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Xeorxia.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo xeorxiano.

    2. s

      Individuo do pobo xeorxiano.

    3. s

      Pobo caucásico que se estableceu na vertente meridional da serra do Cáucaso.

  1. s m [LING ]

    Lingua caucásica, con alfabeto propio, falada en Xeorxia.

  2. s m
    1. Estilo propio da arquitectura e das artes decorativas en Reino Unido durante os reinados dos Xurxo (1740-1820).

    2. Estilo arquitectónico das colonias inglesas de América desde 1700 ata a súa independencia.