xeográfico -ca

xeográfico -ca
Plural: xeográficos Masculino: xeográfico Masculino plural: xeográficos Feminino: xeográfica Feminino plural: xeográficas
adx

Relativo ou pertencente á xeografía.

Refráns

  • De Lugo, nin boa besta nin bo burro; mais montadores, os mellores.
  • En Ares non te pares, en Redes non te quedes, en Camouco para pouco.
  • En Camouco para pouco, en Ares non te pares e en Redes non te quedes.
  • En Deza, nin boa besta nin boa peza.
  • En Lugo, nin boa besta nin bo burro.
  • En Trabada, pouco ou nada: tres zamelos na presada.
  • Fidalgo de Valdelouro, tarfalla soilo.
  • No Carballiño boa carne, bo pan e bo viño.
  • O que pasou A Marola, pasou a mar toda.
  • O que sexa o meu amigo verdadeiro -dixo o Pico Sagro- véñame ver o vinte de xaneiro.
  • Quen non viu Lisboa, non viu cousa boa.
  • Se os penedos de Oirán se volveran pan, a Frouseira manteiga e o Río de Ouro viño mouro, non haberla terra coma a do Valadouro.
  • Soldado galego, na guerra hai que velo.
  • Terra como a do Ribeiro non a hai no mundo enteiro.
  • Unha manta ao lombo e un pau na mau: ealdelau.