xénero

xénero

lat genĕre

Plural: xéneros
  1. s m

    Conxunto de seres ou cousas que posúen trazos comúns.

  2. s m

    Cada unha das clases en que se poden dividir as obras literarias.

  3. s m

    Categoría ou grupo en que se poden incluír certas cousas.

  4. s m [LING ]

    Categoría gramatical que afecta a substantivos, adxectivos, artigos e pronomes e pola que se clasifican en masculinos, femininos e neutros (pronomes).

  5. s m [BIOL ]

    Categoría taxonómica comprendida entre a familia e a especie.

  6. s m

    Produto que se compra e se vende.

  7. s m

    Tecido ou tea coa que se fai unha peza de roupa.