xene
formación culta a partir do lat genus ‘orixe’
-
s
m
[XEN ]
Unidade hereditaria elemental formada por un fragmento de ADN que se atopa nos cromosomas e que é portadora da información xenética sobre un determinado carácter.
-
xene dominante
[XEN ]
Xene que, nunha combinación heterocigótica, é o único que se manifesta.
-
xene estrutural
[XEN ]
Xene que porta información para unha cadea polipeptídica específica.
-
xene letal
[XEN ]
Xene que determina a morte prematura do organismo que o porta.
-
xene recesivo
[XEN ]
Xene que non se manifesta nunha combinación heterocigótica.
-
xene regulador
[XEN ]
Xene que regula o funcionamento dos xenes estruturais.
-
xene saltador
[XEN ]
Segmento de ADN que se pode transportar a outra molécula de ADN.
-
xene silencioso
[XEN ]
Xene que non se manifesta na transcrición xenética.
-
xenes complementarios
[XEN ]
Conxunto de dous ou máis xenes independentes en que o alelo dominante dun deles se expresa no fenotipo só cando os alelos dous outros xenes son tamén dominantes.