vista

vista

lat tardío *vista

Plural: vistas
  1. s f
    1. [FISIOL ]

      Sentido animal integrado por órganos que captan a luz e a súa intensidade e reproducen a imaxe do obxecto que a emite.

    2. Órgano da visión.

  2. s f

    Acción de ver.

  3. s f

    Conxunto de cousas que se ven desde o lugar onde se está.

  4. s f

    Representación pictórica ou fotográfica dun lugar.

  5. s f

    Facultade de percibir ou intuír algo.

  6. s f [DER ]

    Acto xudicial, solemne e público, en que o xuíz ou tribunal escoita as testemuñas, os informes das partes e revisa as probas periciais.

Refráns

  • Ben cego ten que ser, o que pola peneira non poida ver.
  • Canto máis vexo, menos vexo.
  • Do que di que non ve pola criba, non sei que che diga.
  • Non hai cego que non vexa, nin torto que se coñeza.
  • O olIo límpao sempre co cóbado.
  • O que pola criba non chegue a ver, moi cego ten que ser.
  • Ollos que non ven non envellecen.
  • Todo doe para sanar, menos os ollos, que doen para enfermar.
  • Todo o que cos ollos vexo, sináloo co dedo.

Palabras veciñas

viso visón visor vista visto -ta vistosidade vistoso -sa