vicio

vicio

lat vitĭu

Plural: vicios
  1. s m

    vezo.

  2. s m

    Costume ou defecto prexudicial.

  3. s m

    Defecto ou imperfección inherente que a miúdo altera calquera cousa na súa esencia.

Refráns

  • A cabra, co vicio, no cu dá cos cornos.
  • O que non fuma nin bebe viño, lévallo o demo por outro camiño.
  • O que non fuma nin toma tabaco, lévallo o diaño por outro buraco.
  • O vicio trae o fornicio.
  • Vezo collerás que despois non quitarás.
  • Vezo poñas, que vezo quites.
  • Vicio collas que non tollas.
  • Vicios collas que non tollas.