viaxe

viaxe

provenzal viatge

Plural: viaxes
  1. s f

    Acción e efecto de viaxar.

  2. s f

    Pecorrido que se realiza nun medio de transporte ao desprazarse dun lugar a outro.

  3. s f

    Cada unha das veces que se vai e vén, dun lugar a outro, para transportar algo ou a alguén.

  4. s f

    Carga que se pode transportar dunha soa vez.

  5. s f col

    Cantidade de comida ou bebida que se inxire dunha soa vez.

Refráns

  • Ben burro é quen, tendo burro, viaxa a pe.
  • Boa viaxe fai o que vai e volve.
  • Ir e vir é carrexar; e non ir é non tomar.
  • Irei, irei e á miña casa volvereí.
  • Quen vai e volve, boa viaxe faí.
  • Tal terra andar, tal hai que falar.
  • Viaxe derradeiro, ou ben cargado ou ben baleiro.