viacrucis

viacrucis

lat via crucis ‘camiño da cruz’

Plural: viacrucises
  1. s m
    1. Devoción cristiá que consiste en percorrer un camiño sinalado con catorce cruces, pregando en cada unha delas en memoria do camiño que fixo Xesús Cristo.

    2. Conxunto das catorce cruces que representan os episodios da Paixón de Xesús Cristo.

  2. s m [RELIX ]

    Conxunto de pregarias que lembran os episodios da Paixón de Xesús Cristo.

  3. s m

    Conxunto de calamidades que sofre alguén durante un tempo prolongado.

Palabras veciñas

viábel viabilidade viable viacrucis viaduto vial vial