vergonza

vergonza

lat verecundĭa

Plural: vergonzas
  1. s f

    Sentimento provocado por unha falta cometida ou unha humillación recibida.

  2. s f

    Sensación de apoucamento que condiciona a maneira de actuar de alguén en presenza dos demais.

  3. s f

    Estimación da propia dignidade.

  4. s f

    Suceso que provoca un escándalo do que é alguén culpable.

  5. s f

    Aquilo que é motivo de deshonra para os demais.

Sinónimos

Refráns

  • A pouca barba, pouca vergonza.
  • A pouca vergonza, menos honra.
  • a que non ten vergonza, en tódalas partes almorza.
  • A vergonza de onde sae nunca máis volta.
  • A vergonza e a honra, cando unha muller as perde, endexamais as atopa.
  • A vergonza é un espantallo que, para moitas cousas, é o atallo.
  • A vergonza no pobre máis pobre o volve.
  • ande a vergonza sae unha vez, nunca máis se volve ver.
  • ande non hai vergonza non hai cousa boa.
  • Antes morte que vergonza.
  • Cara a cara, vergonza se cata.
  • Máis vale vergonza na cara que mágoa no corazón.
  • Ó mozo avergonzado o demo levouno ao pazo.
  • Para o que non ten vergonza, toda a terra é súa.
  • Para pouca vergonza, vale máis ningunha.
  • Quen ten vergonza non come nin almorza.
  • Quen unha vez perde a vergonza, a vela non volta.
  • Se a onde non te chaman vas, avergonzado volverás.