vello -lla

vello -lla
Plural: vellos Masculino: vello Masculino plural: vellos Feminino: vellla Feminino plural: velllas
  1. adx

    Que ten moita idade.

  2. adx

    Que é do tempo anterior ao actual.

  3. adx

    Que se gastou polo uso ou o paso do tempo.

  4. adx

    Que precede a outro máis novo.

  5. s

    Persoa que ten moita idade.

Frases feitas

  • De vello. Desde hai moito tempo.

Refráns

  • Auga e vento, que caia na casa do vello.
  • Avezouse a vella ao mel e sóubolle ben.
  • Besta vella, botala aos toxos.
  • Canto máis vello, máis pelexo.
  • De vello, gaiteiro.
  • De vello, hai que n se troca pelexo.
  • O que vello engorda, dúas mocedades goza.
  • Se a vella é gaiteira ¡que fará a moza solteira!
  • Se queres chegar a vello, faite vello cedo.