vasoira

vasoira

lat *versoria lat versus, p p de verrĕre

Plural: vasoiras
s f

Instrumento feito con ramas de diferentes plantas ou de orixe sintética, suxeitas a un pau, que se emprega para varrer.

Formas incorrectas

basoira, escoba (de varrer)

Refráns

  • A vasoira nova varre ben todo o que atopa.
  • Cando nace a vasoira, tamén nace quen a colla.