utilidade
utilidade
lat utilitāte
-
s
f
Calidade de útil.
-
s
f
Beneficio que se pode tirar dunha cousa.
-
s
f
[ECON ]
Calidade dos bens económicos, que os fai susceptibles, en certo grao, de satisfacer necesidades individuais.
Refráns
- A áncora non sabe nadar e sempre anda na auga.
- Algo ten a merda cando esterca a terra.
- Andar ao proveito e non ao contento, gáñase contento e proveito.
- Boas son as mangas, anque sexan despois das Pascuas.
- Cada árbore dá o seu froito.
- Cada cousa é para o que é.
- Cinco dedos nunha man ás veces fan proveito e ás veces non o fan.
- Cousa que mal non pode facer, algún ben pode traer.
- Máis vale a besta que carrexa, cá besta que espoldrexa.
- Non hai nada tan malo, que non sirva para algo bo.
- Salardeiro fai da palla diñeiro.
- Se para ti es malo, ¿para quen serás bo?