uso

uso

lat usu

Plural: usos
    1. s

      Acción de usar unha cousa.

    2. uso lingüístico [LING ]

      Utilización habitual que os falantes fan da súa lingua.

  1. s m

    Finalidade ou función dunha cousa.

  2. s m
    1. Acción de facer algo habitualmente.

    2. Maneira de obrar que é característica dunha persoa, dun grupo, dun tempo ou dun país, e que co tempo dá lugar ao costume.

    3. [DER ]

      Forma do dereito consuetudinario inicial, que adoita convivir como supletorio con algunhas leis escritas.

Refráns

  • En cada terra, seu uso; en cada casa, o costume que se puxo.
  • Na usaxe sempre hai algo de señoriaxe.
  • O que se usa non se escusa.
  • O uso trae abuso.
  • Pola usaxe non vén ningunha aldraxe.
  • Por non perder o uso, leva a roca o fuso.
  • Usa é serás mestre.