turco -ca

turco -ca

topónimo Turquía

Plural: turcos Masculino: turco Masculino plural: turcos Feminino: turca Feminino plural: turcas
    1. adx

      Relativo ou pertencente a Turquía, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Turquía.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo turco.

    2. s

      Individuo do pobo turco.

    3. s

      Grupo de pobos asiáticos con orixe na cordilleira do Altai que se islamizaron no s VIII, e a comezos do s XIII os mongois instaláronse no seu territorio. Constitúen a maioría da poboación de Turquía.

    1. s

      Lingua turca sudoccidental que se fala en gran parte de Turquía e en minorías importantes en Chipre, Balcáns, Siria e Iraq.

    2. linguas turcas

      Grupo de linguas altaicas que se falan nunha extensa zona desde Turquía ata Siberia.