arrieiro

arrieiro

arre, voz para estimular as bestas de carga

Plural: arrieiros
s m

Individuo que ten por oficio transportar mercadorías con bestas de carga.

Refráns

  • Arrieiros de Loibán cunha besta catro van: dous arrean, un contén e outro mira se vai ben.
  • Arrieiros somos e no camiño nos tropezamos.
  • Todos somos arrieiros e xa nos atoparemos.