trigo

trigo
Plural: trigos
  1. s m [PLANTA ]

    Planta herbácea anual do xénero Triticum, da familia das poáceas, de follas lineais e flores en espigas terminais que conteñen en cada nó unha espiguiña.

  2. s m

    Gran desta planta que se emprega na elaboración de fariña.

Refráns

  • Cando o trigo está na eira, anda o pan por enriba da artesa.
  • Cando o trigo está no celeiro, é do que ten diñeiro.
  • En marzo o trigo nin por sementar nin nado.
  • O día de san Xoán créballe a raíz ao pan e o día de san Pedro créballe a do medio; o día de Santiago créballe a do cabo; e o día de santa Isabel, foucifias con el.
  • Se che vai ben o trigo tardeiro, non llo digas ao teu compañeiro.
  • Trigo centeoso, pan proveitoso.
  • Trigo que non has de colleitar, deixa de o visitar.