tribo

tribo

lat tribu

Plural: tribos
  1. s f [ETN/SOCIOL ]

    Grupo social que inclúe numerosas familias ou clans, unidos por vínculos lingüísticos, raciais ou culturais.

  2. s f [BIOL ]

    Categoría taxonómica que está comprendida entre a subfamilia e o xénero.

  3. s f
    1. Cada unha das faccións en que estaba dividido o territorio na Antiga Roma.

    2. Cada un dos grupos, no antigo Israel, en que se concretaba a organización político-social dos hebreos antes da monarquía.