transfixión

transfixión

lat transfixĭōne

Plural: transfixións
  1. s f

    Acción de ferir traspasando de parte a parte cunha arma de punta.

  2. s f [MED ]

    Procedemento cirúrxico en que se cortan nun só tempo os tecidos brandos de dentro cara a fóra. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].